vegana

TFM do Máster en Deseño Gráfico
Shifta by Elisava

2024

 

Finalista Premios Paraugas 2024
Novos Talentos

 

Renders: Álvaro Carames

andrea marino vegana cartel

Vegana.gal é unha feira que nace en Vigo no 2021 para dar a coñecer alternativas veganas a un público tanto adulto como familiar. Entre os seus obxectivos están a promoción dun estilo sostible, o achegamento do veganismo á poboación e a concienciación sobre a defensa dos animais.

Pero, aínda que a feira se orienta cara aí, estes propósitos non se atopan totalmente integrados nin aliñados na súa identidade e comunicación. Ademais, Vegana.gal é un evento, polo que un aspecto esencial debería ser a súa presencia física durante os días que se celebra.

Por estes motivos, vegana chegou para achegarse ás persoas, divulgar a información dende a empatía e, sobre todo, crear conexións coa poboación. Todo isto a través do cambio, sendo coherente co que é en esencia o movemento vegano.

Ponse o foco no concepto de conexión, onde o importante é conectar a feira coas persoas dunha forma amable e empática.

Para conectar con elas resulta fundamental achegarse. Por iso, pártese dun reposicionamento estratéxico en base ao que se deben de ter en conta dúas variables: o aspecto vertical en canto á celebración anual da feira; e o aspecto horizontal en canto á suma, cada ano, dunha nova cidade na que terá lugar este evento.

O primeiro cambio que se desenvolve na identidade de Vegana.gal é no propio naming, pasando a chamarse vegana. Simplifícase o nome para crear unha identidade paraugas baixo a que se atopan outras subidentidades, que fan referencia a cada unha das feiras que se celebran en cada comunidade autónoma do territorio nacional.

vegana cambia para chegar a distintas cidades, promovendo así os valores do local e da proximidade

O cambio é imprescindible para aceptar a diversidade e, para cambiar, é necesario moverse. Ademais, as liñas non só están presentes nas letras, tamén permiten crear unha continuidade entre cada edición anual, representando o impacto positivo do veganismo na nosa sociedade e conectando a información.

A divulgación ten un gran peso en vegana, polo que é necesario que forme parte da súa identidade, pero sen deixar atrás ao público infantil

burgui

As mascotas permiten crear unha conexión entre vegana e as persoas. Cada unha delas creouse tomando como referencia a información relevante de cada ano da que tamén parten as liñas, mantendo a importancia da divulgación sempre presente.

andrea marino vegana pins
andrea marino vegana camiseta 2

2025

2026

2027

Para cambiar tamén é necesario romper cos estereotipos, e é que o veganismo se adoita vencellar sobre todo á cor verde. Por este motivo, vegana se enche de cor cada ano para cambiar, ser diversa, divertida e nutrirse de vida.

andrea marino vegana cartel 2

As liñas, demais de permitir as conexións, tamén conflúencia, creando novos espazos.

andrea marino vegana mobil
andrea marino vegana camiseta 2 1
andrea marino vegana acreditaciones
andrea marino vegana totebags
andrea marino vegana camiseta 3
andrea marino vegana delantal
andrea marino vegana stickers

Entre os produtos de merchandising destaca este elemento, deseñado especialmente para o público infantil.

Este xogo de cartas permite que aprendan sobre nutrición vegana dunha forma divertida.

andrea marino vegana cartas 1
andrea marino vegana cartas 2
andrea marino vegana cinta
andrea marino vegana programa 1
andrea marino vegana programa anverso
andrea marino vegana programa reverso

Co fin de que a lembranza de vegana.gal 2024 permaneza nas persoas asistentes, se deseña un catálogo das marcas expositoras que, ademais da información principal sobre elas, inclúe contido adicional como entrevistas, fotografías e tamén información sobre a súa orixe e creación.

Deste xeito ponse o foco nas propias persoas que están detrás dos produtos que a xente puido coñecer e probar durante as xornadas da feira.

andrea marino vegana catalogo 1
andrea marino vegana catalogo 2
andrea marino vegana catalogo 3
andrea marino vegana catalogo 4
andrea marino vegana laminas coco

Como unha iniciativa de colaboración con protectoras e refuxios da contorna de Vigo se deseñan unhas láminas que fomentan a adopción de animais. Vegana non só vai na procura de educar e sensibilizar sobre o veganismo, tamén ten un impacto tanxible e positivo na comunidade local.

Neste caso déixanse a un lado a ilustración da mascota e as liñas (elementos máis divertidos da identidade) para centrarse na propia información e que esta se comunique da forma máis clara posible.

andrea marino vegana laminas lola
andrea marino vegana recetario 1
andrea marino vegana recetario 2
andrea marino vegana recetario 3
andrea marino vegana revista 3

É importante que a divulgación non estea só presente durante a propia feira. Por iso se lanza unha revista a nivel nacional e de tirada trimestral, que ofrece contido de calidade, con entrevistas, artigos de opinión e as últimas novidades e novas no mundo vegano.

Mantense un ton fresco e moderno, aliñándose cos intereses e o estilo de vida dunha audiencia nova, fomentando unha lectura reflexiva e máis pausada dos contidos da revista.

andrea marino vegana revista 5
andrea marino vegana revista 2
andrea marino vegana revista 4
andrea marino vegana banderola
andrea marino vegana linea entrada espacio

Resulta fundamental que vegana.gal estea presente a dende a propia entrada do recinto feiral, creando así anticipación e interese antes de que as personas accedan ao interior do espazo.

Na entrada do IFEVI aplicouse sobre vinilo este deseño, formado pola liña do 2024 e, sobre ela, unha frase que promove o xogo e a diversión para o público infantil.

andrea marino vegana linea entrada ifevi
andrea marino vegana entrada ifevi
andrea marino vegana direccional 1
andrea marino vegana direccional 2
andrea marino vegana aseos
andrea marino vegana mapa
andrea marino vegana stand 1

Como un dos principais obxectivos de vegana é fomentar o cambio e promover as conexións, é necesario fuxir das típicas estruturas de stand con paredes, pois o que fan é crear fronteiras visuais.

Co fin de delimitar o espazo de cada unha das marcas pero sen xerar estas separacións que impiden a conexión entre as personas, créase un concepto de stand sen paredes, que aproveita a altura do teito para colgar distintas estruturas. Deste xeito se orixina dinamismo visual (distintas alturas) e se permiten as conexións entre as persoas, que se poden ver dende un stand ao outro.

andrea marino vegana stands 4
andrea marino vegana stands 3

Crear conexións non só é importante dende vegana cara á poboación, tamén de forma bidireccional, para crear unha comunidade, polo que a opinión das persoas é esencial para a feira.

Deséñase unha instalación interactiva que colga do teito, con dous tubos nos seus extremos inferiores que permiten o desplegue dunha tea de algodón de grandes dimensións.

Nela as persoas poden comunicar libremente o que pensan do veganismo y que poden achegar, a través do debuxo, a escritura… Ademais, tras o remate do evento, a tela se emprega para confeccionar distintos produtos de merchandising que levan a pegada das persoas asistentes.

andrea marino vegana instalacion interactiva

Tamén se constrúe un espazo de exposición ao longo do recinto feiral que serve como plataforma educativa. Para a súa estrutura partíuse da liña, dividíndoa en varias partes e situando cada unha delas por unha zona do recinto, xerando dinamismo.

As estruturas deseñáronse de forma que os paneis informativos se atopan colgados delas, creando zonas baleiras a través das que se pode pasar e tamén ver ás persoas, establecendo así conexión visual con elas.