- Deseño · Packaging
rawly
Proxecto do Máster en Deseño Gráfico
Shifta by Elisava
2024
Rawly é unha marca creada no 2008 que pertence a unha empresa familiar fundada no 1888. Os seus produtos caracterízanse por un sabor inconfundible.
A súa traxectoria é sinónimo de calidade que se foi transmitindo a través de cinco xeracións da mesma familia.
Para o deseño do seu packaging tense en conta o proceso manual de obtención do zume, o seu valor ao ser natural e non perder a calidade.
Natural e orgánico
Empréganse elementos redondeados e liñas curvas vinculadas coas formas que se poden atopar na natureza.
Estas formas tamén son irregulares, facendo alusión a ese proceso manual de elaboración do zume.
A etiqueta en forma de froita pódese despegar para amosar o contido do zume, coma se do corazón dunha froita se tratase.
Esta mesma parte atópase unida a unha etiqueta alongada, como se a froita colgase da propia árbore (frescura do produto).
As etiquetas están impresas nun papel de herba, fabricado cun 50% da base herba e mesturado con outros materiais ecolóxicos.
Proximidade
Emprégase a tipografía en caixa baixa para lograr un maior achegamento ás persoas e a linguaxe utilizada é informal e diríxese directamente á persoa que ten nas súas mans a botella.
Ademais, promóvese a participación da xente ao incorporar elementos cos que se pode interactuar.
Calidade
Seleccionouse unha botella de vidro porque conserva mellor as propiedades do zume, ademais de ser un material que se pode reciclar mellor.
O proceso de elaboración do zume a man faise patente mediante as etiquetas de cada un que, aínda que teñen unha forma semellante, todas son distintas, do mesmo xeito que o é cada froita recollida.
Confianza
Amósase de xeito transparente como de fresco é o zume (separación pulpa/auga) unha vez despegada a etiqueta da forma de froita. Como o vidro é transparente, pode verse o contido a través del.
Ademais, na parte superior do tapón atópase un consello para gozar mellor do zume.