Busco construír narrativas visuais e identidades con alma e honestidade, polo que abordo o meu traballo dende unha ollada crítica e estratéxica, entendendo a comunicación visual como unha ferramenta para contar historias, crear conexións e deixar pegada.
Especialízome na creación de pezas visuais que van máis alá de informar, buscan conectar, emocionar e construír significado. O meu traballo céntrase en capturar a esencia das persoas, marcas e momentos, dándolles forma a través dunha linguaxe visual honesta e coidada.
Combino a miña práctica audiovisual co deseño gráfico, o que me permite abordar cada proxecto dende unha visión ampla e coherente da comunicación visual.
Formación
Máster en Deseño gráfico
Shifta by elisava
2023-2024
Ver máis
Coa intención de sumar novos coñecementos á miña formación audiovisual, achegueime ao deseño gráfico como unha forma de ampliar as miñas ferramentas creativas e comunicativas.
Isto permitiume incorporar o pensamento gráfico ao meu proceso de traballo e entender o deseño como unha peza clave para construír narrativas visuais coherentes e con identidade, guiadas pola estratexia en cada decisión.
Grao en Comunicación Audiovisual
Facultade de ciencias sociais e da comunicación.
Universidade de vigo
2016-2020
Ver máis
Comecei coa idea clara de dedicarme á fotografía, pero polo camiño fun descubrindo todo o que abrangue o universo audiovisual: o vídeo, a narrativa visual, a animación e novas formas de comunicar a través da imaxe.
Foi unha etapa que me permitiu ampliar a mirada, experimentar e entender a comunicación visual dun xeito moito máis amplo.
Experiencia
Deseñadora gráfica e de produto dixital
Desoños
xan. 2025 - act.
Ver máis
Desenvolvo proxectos de branding, identidade visual, deseño editorial e web, así como packaging e motion design.
Unha experiencia integral que me permite adaptar cada solución a clientes de distintas escalas e sectores.
Técnica de comunicación e márketing
fundación impulsarse
dec. 2024 - xan. 2025
Ver máis
Formei parte dun equipo de comunicación e márketing, traballando na creación de contidos e na xestión de accións dixitais.
Isto axudoume a entender a comunicación dende unha perspectiva máis ampla e vinculada a proxectos con impacto social.
Deseñadora gráfica
Programa de emprego MAIV Garantía Xuvenil 2023
OUT. 2023 - OUT. 2024
Ver máis
Desenvolvendo proxectos de deseño de identidade corporativa, deseño web e editorial, fun incorporando tamén a miña formación audiovisual mediante a fotografía e o vídeo.
Unha experiencia moi práctica na que comecei a conectar estas dúas áreas no meu xeito de traballar.
Creadora audiovisual e de contido para RRSS e Web
Atalaya Comunicación e Publicidade
MAR. 2021 - XUÑ. 2023
Ver máis
Traballando entre fotografía, vídeo e postproducción audiovisual, fun ampliando tamén o meu perfil cara ao deseño gráfico, editorial e web, combinándoo coa creación de contidos en redes sociais e redacción de blogs.
Unha experiencia moi transversal que me permitiu entender a comunicación dende diferentes formatos e plataformas.
Fotógrafa e videógrafa
Elemental Chefs
XUL. 2020 - SET. 2020
Ver máis
Durante o verán da pandemia realicei a cobertura fotográfica e audiovisual do Baiverán, a programación cultural de Baiona, con concertos, teatro, monólogos e actividades infantís.
Unha experiencia que non vou esquecer nunca, moi dinámica e na que aprendín a adaptarme a situacións moi diversas.
AXUDANTE DEPARTAMENTO AUDIOVISUAL
Elemental Chefs
FEB. 2020 - MAR. 2020
Ver máis
Dende o making of e a foto fixa dunha curtametraxe á fotografía de produto, pasando polo vídeo e a postproducción audiovisual.
Unhas prácticas que me permitiron levar ao terreo real moitas das ferramentas e procesos que viña aprendendo na carreira.
Recoñecementos
Finalista Premios Paraugas. Novos Talentos
Rebranding Vegana.gal
2024
Ver máis
O obxectivo principal foi redefinir a identidade da feira para reflectir mellor os seus valores, poñendo o foco na conexión coas persoas dende a empatía e a través do cambio.
O reto foi crear unha marca sinxela e flexible que permitise a expansión a distintas cidades mantendo a cohesión visual. Ademais, búscase divulgar sobre veganismo de forma divertida, fomentando unha experiencia participativa.
Premio á calidade lingüística TFG 19/20. UNIVERISIDADE DE VIGO
EU. PROXECTO FOTOGRÁFICO PERSOAL
2020
Ver máis
Por que ás veces non me gusta a xente e mesmo me agonía? Por que prefiro estar soa a acompañada? Por que cada vez que me cruzo con alguén sinto como a súa ollada queda cravada en min?
Esta cuestión algo difusa, desas que se te meten na cabeza e logo xa non saen, é o punto de inicio de EU.
FINALISTA BECA LA MÁQUINA

Primeiro premio fotografía orixinal. I Edición dos premios provinciais á xuventude
Señoras bien, señoras fetén
2017
Ver máis
Esta imaxe pon o foco no que sentimos ao deixar a un lado o estrés do día a día para somerxernos nun momento de maxia, de conexión, de ledicia e de pertenza.
Transmite unha sensación de liberación colectiva, onde as preocupacións cotiás desaparecen nun ambiente cheo de música e enerxía.
Coa intención de sumar novos coñecementos á miña formación audiovisual, achegueime ao deseño gráfico como unha forma de ampliar as miñas ferramentas creativas e comunicativas.
Isto permitiume incorporar o pensamento gráfico ao meu proceso de traballo e entender o deseño como unha peza clave para construír narrativas visuais coherentes e con identidade, guiadas pola estratexia en cada decisión.
Grao en Comunicación Audiovisual
Ver máis
Facultade de ciencias sociais e da comunicación.
Universidade de vigo 2016-2020
Comecei coa idea clara de dedicarme á fotografía, pero polo camiño fun descubrindo todo o que abrangue o universo audiovisual: o vídeo, a narrativa visual, a animación e novas formas de comunicar a través da imaxe.
Foi unha etapa que me permitiu ampliar a mirada, experimentar e entender a comunicación visual dun xeito moito máis amplo.
Experiencia
Deseñadora gráfica e de produto dixital
Ver máis
Desoños xan. 2025 - act.
Desenvolvo proxectos de branding, identidade visual, deseño editorial e web, así como packaging e motion design.
Unha experiencia integral que me permite adaptar cada solución a clientes de distintas escalas e sectores.
Técnica de comunicación e márketing
Ver máis
fundación impulsarse dec. 2024 - xan. 2025
Formei parte dun equipo de comunicación e márketing, traballando na creación de contidos e na xestión de accións dixitais.
Isto axudoume a entender a comunicación dende unha perspectiva máis ampla e vinculada a proxectos con impacto social.
Deseñadora gráfica
Ver máis
Programa de emprego MAIV Garantía Xuvenil 2023 out. 2023 - out. 2024
Desenvolvendo proxectos de deseño de identidade corporativa, deseño web e editorial, fun incorporando tamén a miña formación audiovisual mediante a fotografía e o vídeo.
Unha experiencia moi práctica na que comecei a conectar estas dúas áreas no meu xeito de traballar.
Creadora audiovisual e de contido para RRSS e Web
Ver máis
Atalaya Comunicación e Publicidade mar. 2021 - xuñ. 2023
Traballando entre fotografía, vídeo e postproducción audiovisual, fun ampliando tamén o meu perfil cara ao deseño gráfico, editorial e web, combinándoo coa creación de contidos en redes sociais e redacción de blogs.
Unha experiencia moi transversal que me permitiu entender a comunicación dende diferentes formatos e plataformas.
Fotógrafa e videógrafa
Ver máis
Elemental Chefs xul. 2020 - SET. 2020
Durante o verán da pandemia realicei a cobertura fotográfica e audiovisual do Baiverán, a programación cultural de Baiona, con concertos, teatro, monólogos e actividades infantís.
Unha experiencia que non vou esquecer nunca, moi dinámica e na que aprendín a adaptarme a situacións moi diversas.
AXUDANTE DEPARTAMENTO AUDIOVISUAL
Ver máis
Elemental Chefs feb. 2020 - mar. 2020
Dende o making of e a foto fixa dunha curtametraxe á fotografía de produto, pasando polo vídeo e a postproducción audiovisual.
Unhas prácticas que me permitiron levar ao terreo real moitas das ferramentas e procesos que viña aprendendo na carreira.
Recoñecementos
Finalista Premios Paraugas. Novos Talentos
Ver máis
Rebranding Vegana.gal 2024
O obxectivo principal foi redefinir a identidade da feira para reflectir mellor os seus valores, poñendo o foco na conexión coas persoas dende a empatía e a través do cambio.
O reto foi crear unha marca sinxela e flexible que permitise a expansión a distintas cidades mantendo a cohesión visual. Ademais, búscase divulgar sobre veganismo de forma divertida, fomentando unha experiencia participativa.
Premio á calidade lingüística TFG 19/20. UNIVERISIDADE DE VIGO
Ver máis
EU. PROXECTO FOTOGRÁFICO PERSOAL 2020
Por que ás veces non me gusta a xente e mesmo me agonía? Por que prefiro estar soa a acompañada? Por que cada vez que me cruzo con alguén sinto como a súa ollada queda cravada en min?
Esta cuestión algo difusa, desas que se te meten na cabeza e logo xa non saen, é o punto de inicio de EU.
FINALISTA BECA LA MÁQUINA
Ver máis
EU. PROXECTO FOTOGRÁFICO PERSOAL 2020
Por que ás veces non me gusta a xente e mesmo me agonía? Por que prefiro estar soa a acompañada? Por que cada vez que me cruzo con alguén sinto como a súa ollada queda cravada en min?
Esta cuestión algo difusa, desas que se te meten na cabeza e logo xa non saen, é o punto de inicio de EU.
Primeiro premio fotografía orixinal. I Edición dos premios provinciais á xuventude
Ver máis
Señoras bien, señoras fetén 2017