O 15 de outubro do 2017 unha chea de incendios comezaron a abrirse paso a través de gran parte de Galicia.
Ao sur da provincia de Pontevedra, concretamente Baiona, tamén chegaron.
Numerosos focos simultáneos crearon o pánico, pero tamén conseguiron que a veciñanza desta aldea xuntara as súas mans e cooperara entre si, tentando gañar o combate contra as inmensas lapas.
Esta pequena peza documental vén a ser a historia de dúas persoas que presenciaron os incendios aquel día.
É o relato contado en primeira persoa da xente que viviu a horrible situación e do que sentiu ao decatarse de que a súa terra estaba a ser destruída.