Dentro desta web existen cinco seccións: o inicio, servicios, proyectos, pide presupuesto e, por último, o contacto.
Esta web presenta un atractivo visual que se consigue co emprego das imaxes e pequenas ilustracións en cada un dos apartados.
A información integrouse neste deseño dunha forma coherente con toda a web. Isto permite ao cliente unha lectura do contido agradable.
Ao mesmo tempo, ao ser unha web responsive, o seu contido adáptase á pantalla dos diferentes dispositivos, facilitando a consulta por parte dos usuarios dende móbiles e tabletas.