Casanova: 42º 35' 50'' N / 7º 42' 8'' O

Se a memoria non me falla moito, estiven aquí tan só dúas veces.

A primeira hai xa demasiado tempo, cando eu era moi pequena como para decatarme de onde me atopaba; a segunda, o 5 de agosto.

Non sabía moito deste lugar, só que fora onde nacera a miña avoa e onde uns anos despois os meus avós casaran.

Quería coñecer algo máis, pero o pasado desta casa non está demasiado claro. O único que sei agora é que é unha construción do século XVI.

Fálase tamén de que hai moitos anos atrás puidera ser un cárcere, pero todo é unha suposición…

Porén, queda patente a importancia ou relevancia que se lle daba á relixión católica.

A cada paso que dou atopo mostras disto.

Seica era unha vía de escape á soidade alí existente.

Ou unha burbulla na que poder meterse e obviar así a realidade.

Aínda que isto non é nada doutro mundo, é o que acontece na actualidade.

Nunca formei parte da súa historia, pero aínda así, Casanova forma parte de min, aínda que só sexa de xeito insignificante.

Soidade, tristura…

 

As luces permanecen apagadas.

Hai cadeiras, pero non persoas nelas.

 

Só quedan uns poucos vestixios.

 

Xa non hai vida.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies